Franz Schubert

O mozo Schubert, óleo de [[Josef Abel Franz Peter Schubert, nado en Viena o 31 de xaneiro de 1797 e finado na mesma cidade o 19 de novembro de 1828, foi un compositor austríaco, un dos continuadores do romanticismo musical iniciado por Beethoven. Gran compositor tanto de ''lieder'' (breves composicións para voz e piano) como de música de cámara e mesmo orquestal.

Foi un dos principais músicos austríacos de comezos do século XIX. Foi o único nado na que era capital musical de Europa nos séculos XVIII e XIX: Viena. Viviu apenas 31 anos, tempo suficiente para crear unha obra musical notable pola súa gran beleza e inspiración. O seu talento creceu á sombra de Beethoven, ó que admiraba, finando ó ano seguinte da morte do seu ídolo. A súa existencia foi opaca. Só despois de morto o seu arte comezou a ser recoñecido e a conquistar a admiración da crítica e o público.

En Viena Schubert levou unha vida bohemia rodeado de intelectuais, amante das tabernas e dos ambientes populares, afastado dos salóns e da etiqueta da nobreza. Desta contorna procede o famoso termo de ''schubertiadas'': reunións de artistas de tódolos ámbitos que formaban un círculo brillante e animado dedicado á música e á lectura. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 183 for search 'Schubert, Franz 1797-1828', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados