Ramanuja

Ramanuja, Ramanujacharya ou Rāmānujā (|ɽaːmaːnʊdʑɐ|), nado en Sriperumbudur supostamente en 1017 e finado en Sri Rangam en 1137 foi un teólogo e filósofo indio, un dos máis importantes da tradción do Sri Vaishnavism no hinduísmo. Os seus fundamentos filosóficos para o devocionalismo influíron no movemento Bhakti.

O gurú de Ramanuja foi Yādava Prakāśa, estudoso que formaba parte da tradición monástica do Advaita Vedānta. A tradición Sri Vaishnava afirma que Ramanuja estaba en desacordo co seu gurú e coa non dualista Advaita Vedānta, e pola contra seguiu os pasos dastradicións Tamil Alvārs e os estudosos Nāthamuni e Yamunāchārya. Ramanuja é coñecido por propoñer a subescola de Vishishtadvaita de Vedānta, e os seus discípulos foron autores de textos como Shatyayaniya Upanishad. O propio Ramanuja escribiu textos influentes, como o bhāsya dos ''Brahma Sutras'' e o ''Bhagavad Gita'', todos eles en sánscrito.

A súa filosofía Vishishtadvaita (cualificada como non dualista) competiu coa filosofía do Dvaita (dualismo teísta) de Madhvāchārya, e coa filosofía Advaita (non dualista) de Ādi Shankara, como a tres filosofías Vedanta máis influentes do segundo milenio. Ramanuja presentou a importancia epistémica e soteriolóxica do bhakti, ou a devoción a un deus persoal (no seu caso Vishnu) como medio de liberación espiritual. As súas teorías afirman que existe unha pluralidade e distinción entre Ātman (alma) e Brahman (metafísica, realidade última), mentres que tamén afirmou que hai unidade de todas as almas e que a alma individual ten o potencial de darse conta da identidade co Brahman. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'Ramanuja 1077-1157', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados